Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27336

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 163/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 163/2020, por instancia de Sheila Martínez Couto contra a executada González Arrebola, S.C., Juan Arrebola Prieto e Macarena Arrebola Prieto, sobre reclamación de cantidade, se ditou, o día 7 de maio de 2021, o Decreto de insolvencia no sentido de declarar os executados en situación de insolvencia parcial por importe de 39.785,99 euros en concepto de principal máis 3.978,67 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza