O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021
Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega económica da Consellería (€) |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provincias en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais. |
Colaboración das distintas institucións participantes para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante o desenvolvemento dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES). Mediante esta addenda incorpóranse ao convenio varios acordos adoptados pola Comisión de Seguimento dos GES que supoñen a modificación de varias das súas cláusulas e anexos. |
17.3.2021 |
262.500 € (incremento que supón a addenda para a Consellería do Medio Rural) |
Primeira addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para a realización dun programa de investimentos para estender a cobertura poboacional e territorial da Rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia, e optimizar a prestación de servizos e aplicacións para as entidades adheridas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. |
O obxecto desta addenda é realizar un reaxuste de anualidades, para poder executar as actuacións pendentes durante 2021. |
8.4.2021 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Escola Galega da Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
A participación nas actividades da Escola Galega da Administración Pública do persoal dependente da Consellería do Medio Rural, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do convenio. |
19.2.2021 |
Sen achega económica |
Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento evolutivo da aplicación de xestión do parque móbil da Consellería. |
Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento do proxecto «Evolución do sistema informático para a xestión do parque móbil da Consellería de Medio Rural (PAMOB)». |
28.4.2021 |
48.000 € |
Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Club Raza Can de Palleiro para a concesión dunha axuda para a realización de actividades de promoción, fomento e difusión da raza can de palleiro no período 2021-2024. |
O obxecto deste convenio é establecer as condicións en que se concederá unha axuda ao Club Raza Can de Palleiro para a realización de actividades de promoción, fomento e difusión da raza can de palleiro. |
9.4.2021 |
60.000 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para a realización das análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún de Galicia nas explotacións leiteiras para o período 2021-2024. |
O obxecto deste convenio é regular as condicións de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), para a realización das análises das mostras de leite correspondentes ao control do rendemento leiteiro oficial para a avaliación xenética na especie bovina na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co sinalado no Real decreto 368/2005, do 8 de abril, e a súa participación no Programa de mellora xenética de frisón, no marco do Decreto 120/2011, do 16 de xuño, para o período 2021-2024. |
25.3.2021 |
2.000.000 € |