Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27198

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 25 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

BDNS (Identif.): 566883.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio o grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

Segundo. Obxecto

Convocar axudas económicas para a realización en empresas do modulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 24 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Cuarto. Importe

O importe total das axudas económicas efectuarase con cargo ao concepto orzamentario 10.30.422M.480.0 dentro do exercicio orzamentario do ano 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, ata un importe máximo de 800.000 € (oitocentos mil euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. Primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade