Eu, Margarita Caloto Goyanes, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, por este edicto anuncio:
Neste procedemento ordinario 678/2019, seguido por instancia de Producción e Xestión Cultural, S.L. fronte a Solimusic Events, S.L.U., se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza: 17/2021.
Sentenza.
Procedemento: xuízo ordinario 678/2019
Obxecto: responsabilidade contractual
Maxistrada: María de la Luz Álvarez Lagarón
Demandante: Producción e Xestión Cultural, S.L.
Procuradora: Isabel Domínguez Quintas
Letrado: Ricardo Vidal Sampedro
Demandada: Solimusic Events, S.L.U.
Procurador/a: sen profesional asignado
Letrado/a: sen profesional asignado
En Vigo, o 14 de xaneiro de 2021
Resolvo:
Estimo integramente a demanda interposta por Producción e Xestión Cultural, S.L. contra Solimusic Events, S.L.U. e condeno a demandada a pagarlle á demandante 29.818,58 euros máis os xuros previstos na Lei 3/2004, así como as custas.
Modo de impugnación. Mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LAC/00). O recurso interpoñerase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, no cal o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.2 da LAC).
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».
Ao encontrarse a dita demandada, Solimusic Events, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Vigo, 23 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza