Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Reboredo (Pereiro de Aguiar-Ourense), a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas.

En cumprimento do disposto no artigo 47 ter 8 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na introdución e redacción que lle deu o número dous do artigo 18 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e en cumprimento do disposto no artigo 47 quater 3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na introdución que lle deu número dous do artigo 14 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, faise pública a declaración da aldea modelo de Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense), por acordo do 20 de febreiro de 2020 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE 9rFFGiLNs7 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas, por resolución do 12 de maio de 2021 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE fQyGgIyIT7 verificable en https://sede.xunta.gal/cve

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se ache procedente.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural