Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de maio de 2021 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13272020036.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1º.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderase facer efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 13272020036

Garda Civil

01844458L

Baño en lugar prohibido.

4.8.2020;

17.20 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.v) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €