Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27500

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (PO 53/2021).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 53/2021 deste xulgado do social, sobre ordinario, se ditou a resolución que se cita, cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

Decreto do 10 de maio de 2021 contra o cal cabe recurso de directo de revisión no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros na conta nº 3599 0000 60 0053 21 do Banco Santander, S.A.

Para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Integrales Dos Andando, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza