Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de maio de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción denominado Fomento da mobilidade sustentable. Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Treito A Xira-Cambre. Puntos quilométricos 7+220-8+540, de clave AC/20/009.06.2, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

Por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 21.4.2021 aprobouse provisionalmente para os efectos de información pública o contido do documento do proxecto de construción denominado Fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Treito A Xira-Cambre (pp.qq. 7+220- 8+540), de clave AC/20/009.06.2, no municipio de Cambre (A Coruña).

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2, que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos. Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e o benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Fomento da mobilidade sostible. Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca da Coruña e concellos limítrofes, de clave AC/14/062.06, onde se propón, entre outros, a creación dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-214 que se recolle no proxecto construtivo que nos ocupa.

As obras consisten na execución dun itinerario peonil na marxe esquerda da estrada AC-214 que posibilitaría o enlace a pé entre o núcleo de Cambre e A Xira e que remata na AC-213, tendo en conta o tráfico elevado e a ausencia de beirarrúas que na actualidade dificultan o tránsito peonil.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes canto aos bens e os dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Cambre (Atrio, 1, 15660 Cambre, A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Fomento da mobilidade sustentable. Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Treito: A Xira- Cambre (p.q. 7+220- 8+540)

Clave AC/20/009.06.2

Concello de Cambre.

Nº orde

Referencia catastral

Polígono/

masa

Parcela

Titular

Sup.

catastral (m2)

Superficie afectada (m2)

Tipo de terreo

Elementos valorables

Nome

NIF/CIF

Coef.

participación

Ocupación definitiva

Ocupación temporal

Total

Segundo Catastro

Segundo

planeamento

Segundo

RD 7/2015, Lei do solo

Tipo

1

3138101NH5933N0001YX

31381

1

Gómez Pose,

Purificación

***8885**

100,00 %

385,00

94,79

69,61

164,40

Urbano

Urbano

Urbanizado

2

3138103NH5933N0001QX

31381

3

Gómez Pose,

Purificación

***8885**

100,00 %

3.893,00

344,08

164,89

508,97

Urbano

Urbano

Urbanizado

3

15017A036000280000MT

36

28

Suárez Blanco, Francisco

***9099**

50,00 %

1.210,00

182,90

92,78

275,68

Rústico

Rústico de especial protección xacemento arqueolóxico

Rural

Peche e portal de malla e corta de árbore

Muiño Martínez, María

***3183**

50,00 %

4

15017A036001380000ME

36

138

Mengotti Osende, Elena

-----

100,00 %

702,00

210,53

67,95

278,48

Rústico

Rústico de especial protección xacemento arqueolóxico

Rural

5

15017A036000250000MQ

36

25

Pérez

Berjón, José

-----

100,00 %

1.008,00

19,67

63,07

82,74

Rústico

Rústico de especial protección xacemento arqueolóxico

Rural

6

15017A036000240000MG

36

24

Argüelles Torreiro, María Isabel

***8699**

50,00 %

289,00

288,44

0,64

289,08

Rústico

Rústico de especial protección xacemento arqueolóxico

Rural

Argüelles Torreiro, Jesús M. (hros. de)

***6102**

50,00 %

7

15017A036000230000MY

36

23

Fernández Fernández, Blicorino

***7183**

50,00 %

1.589,00

286,48

162,95

449,43

Rústico

Rústico de especial protección xacemento arqueolóxico

Rural

Bouso Fernández, Josefa

***2896**

50,00 %

8

15017A036000220000MB

36

22

Gómez Mallo, Anselmo (hros. de)

----

100,00 %

953,00

436,24

146,42

582,66

Urbano

Solo núcleo rural

Urbanizado

9

15017A036000190000MB

36

19

Fernández López, Francisca

***1157**

100,00 %

1.786,00

219,51

146,50

366,01

Urbano

Solo núcleo rural

Urbanizado

10

15017A036000180000MA

36

18

López

García,

María Luisa

***5410**

25,00 %

3.348,00

108,22

60,67

168,89

Urbano

Solo núcleo rural

Urbanizado

Lopez García, Leonardo Marcos

***4669**

25,00 %

López

García, Cristina Luisa

***5402**

25,00 %

López

García, Paula Elena

***0236**

25,00 %

11

15017A036000170001QE

36

17

Barbeito Precedo, María Elena

***0805**

100,00 %

2.105,00

45,89

13,39

59,28

Urbano

Solo núcleo rural

Urbanizado

12

15017A036001150000MA

36

115

Candal Alonso, María Soledad

***7264**

100,00 %

1.272,00

172,82

0,00

172,82

Urbano

Solo núcleo rural

Urbanizado

13

15017A036001540000MQ

36

154

Fernández Cordido, Antonio

***9710**

50,00 %

4.654,00

0,00

258,28

258,28

Urbano

Solo núcleo rural

Urbanizado

Martínez Naya, Nieves

***0652**

50,00 %

14

15017A007000860000ML

7

86

López

García,

María Luisa

***5410**

25,00 %

2.131,00

54,07

100,30

154,37

Rústico

Solo núcleo rural

Urbanizado

Corta 1 árbore

Lopez García, Leonardo Marcos

***4669**

25,00 %

López

García, Cristina Luisa

***5402**

25,00 %

López

García, Paula Elena

***0236**

25,00 %

15

001304800NH59C0001UK

7

85

Torres Barallobre, Carlos (hros. de)

***8175**

---

3.258,00

9,89

33,62

43,51

Rústico

Solo núcleo rural

Urbanizado

García

Laliena, María Consuelo

***1094**

---