Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Aro-Campelo-Gonte (A Coruña), para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Aro-Campelo-Gonte (A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha proposta de modificación do acordo de concentración da dita zona que lles afecta.

Así mesmo este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa no teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 13 de maio de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de concentración

35828225K

Trámite de audiencia

Aro-Campelo-Gonte (A Coruña)

33210689T

Trámite de audiencia

Aro-Campelo-Gonte (A Coruña)

32414374Z

Trámite de audiencia

Aro-Campelo-Gonte (A Coruña)

33046239T

Trámite de audiencia

Aro-Campelo-Gonte (A Coruña)

76512346V

Trámite de audiencia

Aro-Campelo-Gonte (A Coruña)

Estévez Riobó, Manuel

Trámite de audiencia

Aro-Campelo-Gonte (A Coruña)