Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rábade (expediente IN407A 2021/18 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma y automatización CT 10276 Iglesia-Rábade.

Situación: concello de Rábade.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20210199 con data do 27 de xaneiro de 2021.

Características técnicas principais:

• Reforma do CT non prefabricado (10276) Iglesia, cunha potencia máxima admisible de 1.260 kVA e unha potencia instalada de 2×250 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V, consistente en:

– Instalación de dúas novas celas de liña de SF6 telemandadas, e dúas de protección.

– Instalación de dous novos cadros de baixa tensión.

– Instalación de novas pontes de MT e BT.

– Modificación do circuito de alumeado, emerxencia e terras.

– Instalación dun novo transformador 1×400 kVA.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 48.091,35 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Rábade.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a dirección de obra por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 26 de maio de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo