Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de maio de 2021 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/34/2020-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Marco Antonio García Rodríguez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/34/2020-RP1, en relación coas obras consistentes en edificación illada de planta baixa con soportal, de tipoloxía residencial, que se levan a cabo no lugar A Hermida Marcón, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística