Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de exposición pública do proxecto de avaliación ambiental ordinaria para aprobación do proxecto de ordenación forestal do monte Carballoa no concello de Aranga (expediente PO-00030590T(1.1).

No Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural na Coruña estase a tramitar unha solicitude de aprobación do proxecto de ordenación do monte particular de Carballoa, por solicitude da CMP Monte Abertal A Carballoa representada por Manuel Collazo Mato.

A superficie afectada é a totalidade do monte, 122,60 ha, de acordo co proxecto de ordenación.

O procedemento está regulado pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e polo Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e tamén lle é de aplicación a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, que no seu anexo I (proxectos sometidos a avaliación ambiental ordinaria) cita:

«Grupo 9: outros proxectos. Apartado a), punto 2, proxectos para destinar áreas incultas ou áreas seminaturais á explotación agrícola ou aproveitamento forestal madeireiro que impliquen a ocupación dunha superficie maior de 10 ha».

De acordo co disposto no artigo 36 desa mesma lei, comunícase a exposición pública do proxecto, durante un prazo de trinta días, para que calquera persoa ou entidade poida consultalo e, se for o caso, presentar alegacións a el, como paso previo ao seu envío á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que, como órgano ambiental, continuará a tramitación de avaliación de impacto ambiental ordinaria e formulará a declaración de impacto ambiental que terá a natureza de informe preceptivo e determinante, e determinará se procede ou non, para os efectos ambientais, a realización do proxecto e, se for o caso, as condicións en que pode desenvolverse, as medidas correctoras e as medidas compensatorias.

A autoridade forestal é a competente para autorizar a solicitude do proxecto de ordenación do monte.

Desde o día seguinte á publicación deste anuncio, o proxecto está dispoñible para a súa consulta en horario de atención ao público no Servizo de Montes desta xefatura territorial, rúa Vicente Ferrer, 2, planta sexta norte da Coruña, e no portal web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios

Por mor das medidas de prevención sanitaria vixentes na actualidade, será necesario solicitar cita previa para a consulta presencial chamando ao teléfono 981 18 46 71 do Servizo de Montes da Coruña ou no correo electrónico: servizo.montes.coruna@xunta.gal

A Coruña, 20 de maio de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña