Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27896

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 1321/2021 MDM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 1321/2021

Juzgado de orixe/autos: DSP despido/cesamentos en xeral 443/2019 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Alicia Pacheco García

Avogada: Susana García Pacheco

Procuradora: Mónica Vázquez Couceiro

Recorridos: Fogasa, Producciones Audiovisuales 15004, S.L., Playa Club Corporación Financiera, S.L., Soprohos Coruña, S.L.

Avogado/a: letrado de Fogasa, Ricardo Pérez Seoane.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1321/2021, seguido por instancia de Alicia Pacheco García contra o Fondo de Garantía Salarial, Producciones Audiovisuales 15004, S.L., Playa Club Corporación Financiera, S.L. e Soprohos Coruña, S.L., sobre despedimento disciplinario, foi pronunciada resolución con data do 3 de maio de 2021 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación presentado pola procuradora Mónica Vázquez Couceiro, actuando en nome e representación de Alicia Pacheco García, baixo a dirección letrada de Susana Pacheco García, contra a sentenza do vinte e catro de xullo de dous mil vinte, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos acumulados 443/2019 e 476/2019 sobre resolución de contrato e despedimento con vulneración de dereitos fundamentais, contra as empresas Producciones Audiovisuales 15004, S.L.U., Soprohos Coruña, S.L. e Playa Club Corporación Financiera, S.L., e o Fogasa, e con intervención do Ministerio Fiscal, debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada. Sen imposición de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Playa Club Corporación Financiera, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza