Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de maio de 2021, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes do Programa do bono de alugueiro social.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouse polo director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 18 de maio de 2021

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

15-BONAL-039/2019

327xxxx8D

Trámite de audiencia

15-BONAL-099/2019

X12xxxx2H

Trámite de audiencia

15-BONAL-153/2019

X08xxxx0P

Trámite de audiencia

15-BONAL-179/2019

541xxxx6W

Resolución de denegación

15-BONAL-184/2019

469xxxx7C

Resolución de denegación

15-BONAL-182/2020

469xxxx2Y

Resolución de denegación