Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de maio de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do proxecto de trazado de actualización do proxecto do ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01), clave PO/19/027.01, no concello de Dozón, por enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de proxecto de trazado de actualización do proxecto do ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01), clave PO/19/027.01, no concello de Dozón.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Pontevedra da AXI, sita na avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Pontevedra, 5 de maio de 2021

Manuel A. González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesado

Acto que se notifica

PO/19/027.01

9

José Otero Fernández

Resolución de cambio de titularidade