Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28218

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2420/2020-SR).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2420/2020-SR

Xulgado de orixe/autos: SS. Seguridade Social 434/2018. Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrentes: María de los Ángeles Gil Galdo, Idoia Trueba Gil

Avogado: Manuel Casal Fraga, Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Izar Construcciones Navales, S.A.E.L., Montajes Nervión, S.A., Serfrimec, S.L., Iris, Sociedade Cooperativa Galega de Responsabilidade Limitada, Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A., Electroships Galicia, S.L., Galmexco, S.L., Nervión Industries Engineering and Services, S.L., Mannesman Industria Ibérica, S.A., Tecnología y Montajes, S.A., Montajes y Servicios Norgonza, S.L., Montaxes Globales de Galicia, S.L., Montajes Indunor, Navantia, S.A., administración concursal de Cotrafer (Amparo Ramos Cagiao)

Avogados: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social, Abel López Carballeda, Adelina del Álamo Enríquez, Beatriz Regos Concha

Procuradora: María Susana Díaz Gallego

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2420/2020 desta sección, seguido por instancia de María de los Ángeles Gil Galdo e Idoia Trueba Gil contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Izar Construcciones Navales, S.A.E.L., Montajes Nervión, S.A., Serfrimec, S.L., Iris, Sociedade Cooperativa Galega de Responsabilidade Limitada, Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A., Electroships Galicia, S.L., Galmexco, S.L., Nervión Industries Engineering and Services, S.L., Mannesman Industria Ibérica, S.A., Tecnología y Montajes, S.A., Montajes y Servicios Norgonza, S.L., Montaxes Globales de Galicia, S.L., Montajes Indunor, Navantia, S.A., administración concursal de Cotrafer (Amparo Ramos Cagiao), sobre recarga de accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación legal da demandantes, María Ángeles Gil Galdo e Idoia Trueba Gil, contra a Sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, do 12 de decembro de 2019, sobre recarga de prestacións por infracción de medidas de seguridade e hixiene no traballo, en proceso promovido polas ditas recorrentes fronte aos codemandados, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as restantes empresas codemandadas, Nervión Industries Engineering and Services, S.L.U., Mannesman Industria Ibérica, S.A., Prefabricación y Montajes del Noroeste, S.A. (Premonor), Cotrafer, S.A., Iris, Sociedade Cooperativa, Tecnología y Montajes, S.A., en liquidación, Montajes Nervión, S.A., Montajes y Servicios Norgonza, S.L., Galmexco, S.L., en liquidación, Montaxes Globales de Galicia, S.L., Serfrimec, S.L., Electroships Galicia, S.L., Montajes Indunor, S.A., Izar Construcciones Navales Militares, S.A., en liquidación, e Navantia, S.A., confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Iris, Sociedade Cooperativa Galega de Responsabilidade Limitada, Electroships Galicia, S.L., Mannesman Industria Ibérica, S.A., Tecnología y Montajes, S.A., Montajes y Servicios Norgonza, S.L., Montaxes Globales de Galicia, S.L., Montajes Indunor e Serfrimec, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza