Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28138

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 4 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro), para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 12 de xuño de 2021, con horarios de chamamentos ás 8.50 e 9.15 horas, segundo a listaxe que publicará a Dirección Xeral da Función Pública na web corporativa.

As sedes en que se realizará o exercicio e a distribución das persoas aspirantes farase en relación co domicilio fixado na solicitude de participación no proceso selectivo e será do seguinte xeito:

1º. Feira Internacional de Galicia en Silleda: persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia da Coruña de: Queijeiro Fernández, Laura a: Novo Gómez, Alejandra.

2º. Instituto Feiral de Vigo (Ifevi):

a) Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia da Coruña de: Novo Luances, Rubén Carlos a: Puñal Martínez, Miriam.

b) Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia de Pontevedra.

c) Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia de Ourense.

d) Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude noutras comunidades autónomas.

3º. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo: persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia de Lugo.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2021

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal