Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 21 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2013/0036-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia das sentenzas do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra e da Audiencia Provincial, Sección Cuarta, de Pontevedra, ditadas no procedemento núm. 241/2019, polo accidente laboral do traballador Rubén Natividad Fernández.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (7.2.2013).

• Copia das sentenzas xudiciais.

Expediente: RL 2013/00036-4.

Acta: I362013000006546.

Empresa: MC SPA Sociedad de Prevención, S.L.

Enderezo: r/ Provença, 319-321, 1º, Barcelona.

Vigo, 21 de maio de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra