Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28502

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal temporal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección dun/dunha técnico/a superior para o proxecto Aquavitae.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 1 de xuño de 2021

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar