Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28426

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2021 pola que se nomean funcionarias/os en prácticas da escala técnica superior de administración, subgrupo A1, as persoas seleccionadas propostas polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 1 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro).

Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso, e de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala técnica superior de administración da USC, logo de comprobar que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, en virtude do disposto no artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo,

Primeiro. Nomear funcionarias e funcionarios en prácticas da escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, as persoas aspirantes propostas pola quenda de acceso libre que se relacionan no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 14 de xuño de 2021, data en que comezará o curso selectivo.

Segundo. O curso selectivo terá carácter obrigatorio e eliminatorio, segundo se determina no anexo I da Resolución do 1 de outubro de 2019 pola que se convocaban as probas selectivas.

Terceiro. O curso selectivo desenvolverase nunhas datas e horario que con carácter xeral non cubrirá a totalidade da xornada de traballo, polo que esta deberá completarse desempeñando o posto de traballo en que está nomeado o persoal, coas excepcións previstas para as distintas situación administrativas.

Cuarto. A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas funcionarias en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Quinto. Quen xa estea prestando servizos na Universidade de Santiago de Compostela como funcionario/a de carreira, interino/a ou como persoal laboral deberá formular a opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de funcionaria/o en prácticas, de conformidade co previsto no citado decreto.

Sexto. Mediante resolución da Xerencia convocarase o curso selectivo na primeira semana de xuño e ditaranse as instrucións oportunas para o seu desenvolvemento.

O tribunal, de conformidade co previsto no anexo I da convocatoria das probas selectivas e á vista dos informes vinculantes do profesorado, declarará apto ou non apto os distintos aspirantes.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo devandito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas nas fases de concurso-oposición, por orde de puntuación e pola quenda de acceso libre:

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***3590**

Usón Pérez, Miguel

2

***9806**

López Quián, Miguel Ángel

3

***0708**

Cordido Méndez, Sonia

4

***1385**

Moreira Figueiras, Silvia María

5

***0005**

Lorenzo Periscal, María Ángeles

6

***0066**

Mariño Ruza, Alberto

7

***3763**

Cachafeiro Requeijo, Alba

8

***4006**

Regueira Gay, Rubén José