Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (DSP 165/2021).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 165/2021 deste xulgado do social, sobre despedimento, ditouse a resolución que se indica, cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

Sentenza de data 28.4.2021 contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo de anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación. Coa interposición do recurso, coas excepcións previstas no artigo 229 da LRXS, deberá consignarse a suma de 300 € na conta que este xulgado ten aberta en Banco de Santander co número 3599 0000 65 0165 21.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dafreixa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza