Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28816

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 29/2021).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 29/2021, seguido por instancia de Daniel Puentes Barro contra Astra Sistemas, S.A. e Fogasa, sobre execución de sentenza núm. 449/2020, do 26 de novembro, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto en que se acorda o embargo de bens do executado, do 14.4.2021, contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Astra Sistemas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza