Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 61/2021, seguido por instancia de José Ángel Ares Vidal contra Trabajos Verticales 2016, S.L., sobre execución de sentenza núm. 136/2021, do 18 de marzo, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo, con data do 7 de maio, contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.
E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Trabajos Verticales 2016, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 10 de maio de 2021
A letrada da Administración de xustiza