Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas nos procedementos relativos ao expediente BS210A LU-0000032560 e seis máis.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicalas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro de acto e constancia do mesmo, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Advírtese que contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 12 de maio de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada
DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000032560

34191553Y

Resolución revisión da aprobación

26.6.2020

LU-0000030793

34159485T

Resolución revisión da aprobación

4.9.2020

LU-0000006800

09919347E

Resolución revisión da aprobación

17.9.2020

LU-0000030904

34198467C

Resolución revisión do recoñecemento

11.11.2020

LU-0000027269

35592751K

Resolución de extinción

25.9.2020

LU-0000013141

33777839Q

Resolución revisión do recoñecemento

9.11.2020

LU-0000000493

33698811Q

Resolución revisión da aprobación

22.2.2021