Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28807

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 3 de xuño de 2021 polo que se convoca, para vinculación temporal, a cobertura de dous prazas da categoría médico xeral do CTG (na actualidade en ADOS).

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e do número 1.2 do pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orden do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro).

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal de dous prazas de médico xeral do CTG (na actualidade en ADOS), que se relaciona na base primeira da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria xunto coa documentación a que se refiren as súas bases presentaranse, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela, e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos