Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no Concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/79-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: El Paraíso Homes & Villages, S.L.

Domicilio social: rúa Enrique Mariñas Romero (Torre de Cristal), 36-12, 15009 A Coruña.

Denominación: proxecto LMTS, CTS e RBTS urbanización O Paraíso, Oleiros (A Coruña).

Situación: urbanización Paraíso, Perillo-Oleiros.

Características técnicas:

Liña de alta tensión soterrada de 15 kV con inicio e fin na liña de distribución existente SMC 717 (San Pedro de Nós-O Graxal), entre os CT 15CS15 (Urbanización Álamos) e 15SHYK (rúa Sauces, 4), logo de entrar e saír no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, 676 m.

Centro de transformación prefabricado soterrado para dar subministro á urbanización O Paraíso. Configuración 2L + 1P telecontrolado con transformador de 630 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15/0.40 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidera incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.

A Coruña, 18 de maio de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña