Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 28945

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, procédese á corrección de erros da Resolución do 20 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2021), de xeito que deben entenderse eliminados da listaxe anexa dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020 por esta consellería, os que se sinalan no anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, para promover a accesibilidade aos espazos naturais de Galicia das persoas xordas e xordo-cegas

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia co fin de fomentar a accesibilidade das persoas xordas e xordo-cegas ás accións de difusión, sensibilización e promoción da sustentabilidade do medio ambiente desenvolvidas pola Consellería no seu ámbito de actuación, especialmente as relativas aos espazos naturais protexidos da Comunidade Autónoma galega, impulsando medidas que promovan a igualdade de oportunidades e a non discriminación

18 de xaneiro de 2021

10.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para a realización de actuacións: dinamización da Rede galega de reservas de biosfera, a xestión das áreas protexidas, exposicións itinerantes, traballando pola educación ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Ceida para a realización das actuacións: dinamización da Rede galega de reservas da biosfera, a xestión das áreas protexidas, exposicións itinerantes, traballando pola educación ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

21 de xaneiro de 2021

56.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Rábade para o financiamento da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o concello de Rábade para a redacción Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

21 de xaneiro de 2021

85.881,60 €

Acordo polo que se dispón a achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Medio Rural a favor da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Dispor a achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Medio Rural, a favor da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para continuar co Programa de vixilancia e control fronte á avespa asiática (vespa velutina) para o ano 2021

4 de febreiro de 2021

175.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Escola Galega de Administración Pública, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

O obxecto deste convenio entre a EGAP e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da devandita consellería, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes deste; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativas de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

4 de febreiro de 2021

Sen achega económica

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Irixo para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

12 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Palas de Rei para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

12 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Xunqueira de Espadanedo para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

17 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Riós para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

19 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilasantar para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

19 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Covelo para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

22 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilamarín para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

22 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

23 de febreiro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Educación Ambiental (Adeac) para o desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2021 en Galicia

Desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2021 en Galicia

23 de febreiro de 2021

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a asociación Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños-Cemma, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación Cemma para a asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados no litoral de Galicia, así como para a recompilación de mostras e estudo das causas de morte destes animais

24 de febreiro de 2021

40.000 €

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Lousame para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

1 de marzo de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Triacastela para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Triacastela, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no embelecemento da marxe dereita da avenida Camilo José Cela e o ramal 1 en Triacastela

1 marzo de 2021

34.941,92 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Castrelo de Miño para a realización de obras en materia de urbanismo

Acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización da contorna da vivenda comunitaria e Casa do Maior en Vide

8 de marzo de 2021

34.701,18 €

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Friol para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

10 de marzo de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 2 e prórroga núm. 1 do Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Tordoia para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

22 de marzo de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Chandrexa de Queixa para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

25 de marzo de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Marín para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

25 de marzo de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Incio para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

25 de marzo de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 2 e prórroga nº 1 do Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

31 de marzo de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España

Establecer un marco para o intercambio de información e comunicacións a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

12 de abril de 2021

Sen achega económica

Addenda núm. 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Moraña para as obras de equipamento municipal de ocio nas instalacións de Mirallos

Modificación do contido das cláusulas terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a cláusula décimo primeira –Vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

19 de abril de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

ANEXO II

Corrección erros da Resolución do 20 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2021): elimínanse da listaxe os convenios seguintes:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para a realización de actuacións: dinamización da Rede galega de reservas de biosfera, a xestión das áreas protexidas, exposicións itinerantes, traballando pola educación ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Ceida para a realización das actuacións: dinamización da Rede galega de reservas da biosfera, a xestión das áreas protexidas, exposicións itinerantes, traballando pola educación ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

28 de decembro de 2020

56.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-Cemma, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación Cemma para a asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados no litoral de Galicia, así como para a recompilación de mostras e estudo das causas de morte destes animais

28 de decembro de 2020

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) para o desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2021 en Galicia

Desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2021 en Galicia

31 de decembro de 2020

40.000,00 €