Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Dálle que Dálle, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación dos artigos 1 e 4 dos estatutos sociais (cambio clase de cooperativa e modificación do obxecto social), da entidade Dálle que Dálle, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 8 de xaneiro de 2021, por unanimidade. A nova clase de cooperativa é de traballo asociado sen ánimo de lucro.

O novo obxecto social é deseñar e desenvolver proxectos e programas sociais, educativos e informativos para promover e mellorar a empregabilidade das persoas.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación dos artigos 1 e 4 dos estatutos (cambio clase de cooperativa e modificación do obxecto social), da entidade Dálle que Dálle, S. Coop. Galega.

Vigo, 18 de maio de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra