Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29095

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO de xuízo verbal (354/2019).

Eu, Pilar Millán Mon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, dou fe que no procedemento de referencia se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 73/2020.

Pontevedra, 12 de xuño de 2020.

Vistos por min, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, os autos de xuízo verbal seguidos co número 354/2019, en virtude de demanda interposta pola procuradora Sra. Fernández Názar, en nome e representación da entidade Salón Casablanca, S.L., asistida pola letrada Sra. López Fernández, fronte a Pedro Martín Valdés, en situación de rebeldía procesual, e sobre acción de reclamación de cantidade.

Parte dispositiva:

A súa señoría acorda estimar a demanda interposta pola procuradora Sra. Fernández Názar, en nome e representación da entidade Salón Casablanca, S.L., e condénase o demandado, Pedro Martín Valdés, a aboar á demandante a cantidade de 3.000 euros máis xuros legais e custas do preito.

Así por esta sentenza, que é firme, mándao e asínao Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de Primeira Instancia deste xulgado. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado e para a súa publicación no diario oficial, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 28 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza