Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29170

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de seis prazas de persoal laboral fixo, por concurso-oposición, de peón de limpeza viaria e roza forestal.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 11 de maio de 2021, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria para a provisión de seis prazas de persoal laboral fixo, coa categoría de peón de limpeza viaria e roza forestal (AP), mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 94, do 20 de maio de 2021, publicáronse integramente as bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión de seis prazas de persoal laboral fixo, coa categoría de peón de limpeza viaria e roza forestal (AP), así como o anuncio da súa convocatoria. Asemade, na referida data, publicouse o anuncio da convocatoria e das bases reguladoras do proceso no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Rosal (https://orosal.sedelectronica.es/board), no Portal de transparencia da sede electrónica do Concello do Rosal (https://orosal.sedelectronica.es/transparency) e na páxina web municipal (https://portal.concellodorosal.es/).

Tras a publicación da convocatoria e das bases reguladoras, e das listaxes provisional e definitiva de admitidos/as e excluídos/as no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, e do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, as notificacións que se produzan no procedemento faranse mediante a publicación de anuncios no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Rosal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O Rosal, 20 de maio de 2021

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa