Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29261

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 27 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2021 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).

BDNS (Identif.): 566864.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/inditex).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.

Para poder ser beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables recollidos na letras a) e c) do artigo 2.1 da Orde do 27 de maio de 2021 deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro de Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e a adquisición de material para a xestión e manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021, destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 27 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2021 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).

Cuarto. Contía

O importe asignado é de douscentos dez mil euros (210.000,00 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de setembro de 2021.

Sexto. Outros datos

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no seu artigo 2, que sexan efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda