Mediante a Orde do 5 de outubro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 209, do 16 de outubro de 2020, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,
DISPOÑO:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo de Xefatura do Servizo de Seguimento Lexislativo e Acordos Parlamentarios, co código de posto PR.C05.00.000.15770.025, de conformidade co disposto no punto sexto da citada Orde do 5 de outubro de 2020.
Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2021
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo