Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29382

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 9 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, Orde do 22 de novembro de 2019, polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, e modificado pola Resolución do 6 de outubro de 2020, encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, acordou:

Que o primeiro exercicio terá lugar o día 20 de xuño de 2021, en horarios de dúas quendas. A distribución por quendas das persoas aspirantes está establecida por orde alfabética, e queda do seguinte xeito:

• Quenda de mañá, chamamento ás 8.50 e 9.15 horas: de Queijeiro Fernández, Laura ata Díaz Soto, Vanesa.

• Quenda de tarde, chamamento ás 16.20 e 16.45 horas: de Díaz Valiño, Alba María ata Puzas Dacosta, María del Pilar.

Infórmanse as persoas aspirantes que o exercicio terá lugar en dúas sedes. A distribución nas distintas sedes está determinada polo número de aspirantes do proceso selectivo e polo enderezo reflectido na súa solicitude de participación, e será do seguinte xeito:

• Silleda: Feira Internacional de Silleda, Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda. Persoas aspirantes con enderezo fixado na súa solicitude na provincia da Coruña e noutras comunidades autónomas.

• Vigo: Instituto Feiral de Vigo, Ifevi. Avda. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo. Persoas aspirantes con enderezo fixado na súa solicitude nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Non se permitirá cambio ningún de sede. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela a 9 de xuño de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal