Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29393

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (DCT 21/2020).

DCT divorcio contencioso 21/2020

Procedemento de orixe: sobre divorcio contencioso

Demandante: Idalba Moncada Giraldo

Procuradora: Lourdes Lorenzo Ribagorda

Avogado: Ignacio José Sevilla Gallo

Demandado: Muhammad Nawaz

No procedemento de referencia ditouse a resolución co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 258/2021.

Ourense, 23 de marzo de 2021.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu estes autos sobre divorcio contencioso promovidos por Idalba Moncada Giraldo, representada pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda e asistida polo letrado Iñaqui Sevilla Gallo, contra Muhammad Nawaz, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda, e decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre Idalba Moncada Giraldo e Muhammad Nawaz, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Unha vez que sexa firme, inscríbase esta resolución no Rexistro Civil, na marxe da inscrición de matrimonio cuxa copia consta unida ás actuacións. Expídase para ese efecto o oportuno mandamento.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza e fágaselles saber que non é firme e que contra esta cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX).

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Muhammad Nawaz, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 20 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza