Eu, Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, mediante o presente edicto, anuncio:
Que no procedemento de xuízo ordinario 177/2019 seguido por instancia de Antonio Cobián Varela fronte a Flappy Hair, S.L., María Carmen López López e Body Hair Total, S.L. se ditou Sentenza do 14 de febreiro de 2020.
E estando en paradoiro descoñecido Flappy Hair, S.L. e Body Hair Total, S.L., expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación na forma a estas, indicándolles que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, na cal se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.
Así mesmo, faise constar que contra a devandita resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación do presente acto.
A Coruña, 14 de febreiro de 2020
A secretaria xudicial