Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29802

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 48/2021).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 48/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Aldrey Martínez contra a empresa Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A.; Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. e Prosetecnisa, Protección y Seguridad Técnica, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 14 de maio de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 48/2021 seguidos por instancia de Javier Aldrey Martínez, asistido polo letrado Sr. Varela-García Veiga, contra Prosetecnisa, Protección y Seguridad Técnica, S.A., representada polo letrado Diz López, e o Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A.

Resolvo:

Admitir a demanda presentada por instancia de Javier Aldrey Martínez contra Prosetecnisa, Protección y Seguridad Técnica, S.A. e o Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro o despedimento improcedente con condena da empresa Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 28,29 €/día) ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 233,40 euros en concepto de indemnización.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Unha vez transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede á readmisión.

Debo absolver e absolvo a demandada Prosetecnisa, Protección y Seguridad Técnica, S.A. dos pedimentos efectuados na súa contra.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación na forma legal a Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza