Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 27 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2017/584-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegaren o que consideren oportuno.

A Coruña, 27 de maio de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

1. Expediente: RL 2017/584-1.

Acta inf. nº: I152017000117668.

Empresa: Pinegal Ecoforest S.L.

NIF: B70363718.

Concello: Pontedeume.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 11 de maio de 2021.