Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 27 de maio de 2021 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/28/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 8 de febreiro de 2021, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística pola construción de 5 edificacións e polas actividades realizadas en solo rústico consistentes en un taller de repación e estacionamento de camións, así como de oficina, no lugar de Pazos, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Manuel Álvarez Rodríguez, María Asunción Álvarez Rodríguez e a María Teresa Álvarez Alonso, mediante o presente anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentaren os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística