Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (SS 145/2018-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 145/2018 por instancia de Emilia Andrade Gómez contra Mutua Maz, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Shivshi, S.L., sobre seguridade social, nos cales se ditou a Sentenza do 11 de marzo de 2021 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Emilia Andrade Gómez contra a empresa Shivshi, S.L., a Mutua Maz e o Instituto Nacional da Seguridade Social, e en consecuencia:

– Declárase o dereito de Emilia Andrade Gómez a percibir unha prestación de incapacidade temporal, polo período comprendido entre o 9 e o 23 de xaneiro de 2017, por importe de 255,60 euros, e condénase a empresa Shivshi, S.L. ao seu aboamento, con responsabilidade subsidiaria da mutua para o caso de incumprimento e do Instituto Nacional da Seguridade Social no caso de insolvencia da mutua.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Shivshi, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza