Visto o expediente instruído a efectos da transmisión da concesión administrativa e da batea A.V.M. II, resulta:
a) Antecedente:
O 11 de maio de 2021, María Sonia Viturro Fernández solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea A.V.M. II.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Por todo o anterior resolvo:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de María Sonia Viturro Fernández (***5485**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: A.V.M. II.
Ubicación:
Cuadrícula nº: 10.
Polígono: D.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 26.5.1971.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Emilia Fernández Sieira (***5136**) e Antonio Viturro Muñiz (***9094**).
Nova titular: María Sonia Viturro Fernández (***5485**).
A nova titular da concesión, queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 26 de maio de 2021
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña