Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 66/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 66/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Fernández Rodríguez contra Cityhouse Los Tilos, S.L., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións, decreto e dilixencia de ordenación, pola que se cita de comparecencia a parte demandada para o acto de conciliación e xuízo para o próximo día 1.7.2021, ás 10.00 horas e 10.10 horas, respectivamente, na sala 3, edificio rúa Berlín.

Fáiselle saber que a demanda e os demais documentos quedan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Ao encontrarse City House, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva a notificación en legal forma deste.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza