Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30051

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021 de nomeamento dun funcionario da escala técnica de tecnoloxías da información do corpo de xestión.

A Mesa do Parlamento de Galicia na súa reunión do 24 de maio de 2021 (BOPG núm. 151, do 8 de xuño), acordou a resolución e aprobación do proceso selectivo para ingresar por quenda libre en dúas prazas da escala técnica de tecnoloxías da información do corpo de xestión do Parlamento de Galicia, unha delas a favor de Esteban García Paz.

O 9 de xuño de 2021, o xefe do Servizo de Persoal e Réxime Interior emitiu informe sobre o cumprimento do interesado de todos os requisitos para ingresar na dita praza, segundo o estipulado nas bases da convocatoria aprobada polo Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 8 de xullo de 2019 (DOG núm. 142, do 29 de xullo e BOPG núm. 511, do 26 de xullo).

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia

RESOLVO:

1. Nomear funcionario de carreira para cubrir unha praza da escala técnica de tecnoloxías da información do corpo de xestión do Parlamento de Galicia a Esteban García Paz (DNI núm. XXX9251XX).

2. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

3. Notificarlle esta resolución ao interesado, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e á Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia