Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de maio de 2021 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Joymi amarrada no porto de Beluso (Bueu).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Fabeiro Torres mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado o Acordo do 5 de maio de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación Joymi con folio 7ª-VI-2-16-01, amarrada no porto de Beluso por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación amarrada no pantalán de tránsito do porto de Beluso sen actividade nin mantemento ningún desde desde hai máis dun ano e sen aboar taxas, conforme o establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao interesado antes identificado un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque sexan á custa do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia na Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia