Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30408

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Mediante a Resolución do 12 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 22 de abril) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de facultativo/a especialista de área de medicina do traballo, facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

Mediante a Resolución do 30 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 11 de maio) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as na categoría de pinche.

Finalizados os prazos de reclamación previstos nas citadas resolucións e analizadas as presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena a Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de facultativo/a especialista de área de medicina do traballo, facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, odontólogo/a de atención primaria, pinche, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos