Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente 2013/125/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázase a persoa interesada e que se indica no anexo para notificarlle o acto administrativo ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente está á disposición da persoa interesada ou do seu representante, debidamente acreditado, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non o facer, se terá por notificada no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselle que, desde o día seguinte ao da notificación do dito acto administrativo por comparecencia, terá quince (15) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 24 de maio de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2013/125/27.

DNI: 33346262B.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do día 18 de maio de 2021.