Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30422

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 22/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 22/2020 deste xulgado do social se ditou resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:

Resolución: Decreto de data 26.5.2021

Recurso e prazo: recurso de reposición no prazo de 3 días

Persoa/empresa a quen se notifica: Santiago Shoes, S.L.U., Boiro Shoes, S.L., Orense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Carballiño Shoes, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Cosas de Moda, S.L., Pequena Shoes, S.L.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Santiago Shoes, S.L.U., Boiro Shoes, S.L., Orense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Carballiño Shoes, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Cosas de Moda, S.L., Pequena Shoes, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza