Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30394

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 7 de xuño de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciado mediante a Orde do 9 de abril de 2021.

Mediante a Orde do 9 de abril de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 26 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde do 9 de abril de 2021 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Fraga Campo, Javier Enrique.

DNI: ***2882**.

Grupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Réxime Xurídico Local.

Código do posto: PR.C04.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Dirección Xeral de Administración Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.