Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 27 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2021/0035).

O día 10 de marzo de 2021, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo formulou un requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no mencionado rexistro, expediente LU-2021/0035, cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.

O dito requirimento non se puido notificar persoalmente aos interesados. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), efectúase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentaren a documentación requirida. De non o faceren así, consideraranse desistidas da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 27 de maio de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A).

Número de expediente: LU-2021/0035.

Persoas interesadas (DNI): 36151132P e 33339265Y.

Documentación requirida: artigo 11.2.c) do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.