Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 18 de maio de 2021
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
Resolución |
PR204A2020/4283-2 |
X9018973Y |
Denegatoria do dereito |
PR204A2021/386-2 |
33328615M |
Denegatoria do dereito |
PR204A2021/438-2 |
44798402Z |
Denegatoria do dereito |
PR204A2021/703-2 |
33341058M |
Denegatoria do dereito |
PR204A2021/762-2 |
72054135B |
Denegatoria do dereito |
PR204A2021/889-2 |
Y2731644V |
Declaración de incompetencia |
PR204A2021/1313-2 |
33341988S |
Denegatoria do dereito |
PR204A2021/1468-2 |
77591861G |
Denegatoria do dereito |