Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 26 de maio de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso- administrativo PA 148/2021, fronte a Resolución do 5 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 148/2021, fronte a Resolución do 5 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso (DOG núm. 68, do 9 de abril).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública